Entradas

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2021

O 26 de Setembro celebramos o Día Europeo da Linguas. Dende a Biblioteca fixemos un taboleiro co traballo dos alumnos de 1º da ESO " TALK TO ME! " AQUÍ    poñemos o link... esperamos que vos guste!

QUALITY LABEL

Imagen
O noso proxecto de eTwinning Europe is the Way acadou o selo de calidade!!! A verdade é que é unha gran ledicia ao ser o primeiro proxecto que coordinamos... moitas grazas ao Servizo Nacional, á Embaixada eTwinning de Galicia e aos noso marabillosos socios de Barletta e Beauvais.

O FINAL DO CAMIÑO (End of the Way)

Imagen
Chegamos á meta do noso proxecto eTwinning coa publicación dos nosos eBooks. Queremos despedirnos dos nosos marabillosos socios: IIS Fermi – Nervi – Cassandro e Lycée François Truffaut. A verdade é que foi un verdadeiro pracer poder participar neste proxecto, nun curso tan complicado como éste  De feito, estas dúas escolas socias tiveron que facer un esforzo extra por estar pechadas parte do tempo: o instituto italiano todo o curso e o francés por máis de dous meses. Moitísimas grazas a todos!!!

muRal sobre paTriMonio LocaL

Imagen
  "Pintando Portas" é o título deste mural sobre patrimonio local que estamos a pintar nunha das fachadas do colexio... Toda a ESO está a poñer o seu graniño de area!

EXPOSICIÓN FINAL (final exhibition)

Imagen
Este curso non fixemos exposicións físicas nin xornadas de portas abertas por mor da situación sanitaria pola Covid. Porén, para rematar o curso, colocamos este taboleiro cun resumo dos nosos proxectos europeos que ficará no corredor do centro para aqueles que veñan facer a matrícula. Esperamos que vos guste!!!

WATERCOLORS

Imagen
Os alumnos de Plástica de 3º da ESO fixeron un obradoiro de Acuarelas para ilustrar algunhas das etapas máis representativas do Camiño de Santiago. A verdade é que lles quedaron chulísimas! Con elas quixemos completar o libro comezado polos nosos socios italianos sobre as distintas Rutas Xacobeas, chamdo Itinieraries. Baseámonos, sobre todo, en dúas adquisicións recentes da nosa biblioteca: GONZÁLEZ, J. Guía Ilustrada sobre el Camino de Santiago. Ed. El Patito e AAVV. El Camino de Santiago: un Viaje Ilustrado. Ed. Planeta. Aquí podedes ver os resultados!!!

The Legends of the Guardians

Xa está rematado o libro dixital coas aportacións de todos os socios. Cada centro educativo elixiu un personaxe destacado da súa contorna. Nós, como non podería doutro xeito, eliximos a Domingo Fontán, de quen levamos o nome! Deixamos aquí a ligazón ao libro : THE LENGENDS OF GUARDIANS