Entradas

Reunión do Equipo de Proxectos Europeos

Imagen
Comezamos este curso facendo unha primeira reunión virtual para presentar o nosos novos proxectos europeos... temos moitísimos retos por diante: o proxecto de mobilidade Erasmus+ KA1, a celebración do 50º aniversario do noso centro, o proxecto eTwinning EuroMission sobre patrimonio local, o intercambio internacional de postais de Nadal...

EUROPEAN QUALITY LABEL

Imagen
  Tamén nos concederon o Selo de Calidade Europeo polo proxecto Europe is the Way!!! A verdade é que estamos moi contentos, sobre todo polo email que nos enviaron que nos da moitos azos para seguir nos Proxectos Europeos de eTwinning e de Erasmus+.

OUTRO SELO DE CALIDADE!

Imagen
  Vimos de recibir o Selo de Calidade Nacional polo noso proxecto "The Guardians of the Local Heritage"! Os alumnos de 3º ESO traballaron a reo colaborando con escolas de Ucrania, Polonia, Serbia, Eslovaquia...

XORNADA DIVULGATIVA ETWINNING E ERASMUS+

Imagen
O Equipo de Proxectos Europeos quixo dar a coñecer os proxectos que estamos a levar a cabo nos programas ERASMUS+ e eTwinning ás familias dos nosos alumnos. Gardando todas as medidas de seguridade sanitaria, reuniumos aos pais de 4º da ESO para ensinarles os proxectos realizados o curso pasado e as previsións para este curso.

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2021

O 26 de Setembro celebramos o Día Europeo da Linguas. Dende a Biblioteca fixemos un taboleiro co traballo dos alumnos de 1º da ESO " TALK TO ME! " AQUÍ    poñemos o link... esperamos que vos guste!

QUALITY LABEL

Imagen
O noso proxecto de eTwinning Europe is the Way acadou o selo de calidade!!! A verdade é que é unha gran ledicia ao ser o primeiro proxecto que coordinamos... moitas grazas ao Servizo Nacional, á Embaixada eTwinning de Galicia e aos noso marabillosos socios de Barletta e Beauvais.

O FINAL DO CAMIÑO (End of the Way)

Imagen
Chegamos á meta do noso proxecto eTwinning coa publicación dos nosos eBooks. Queremos despedirnos dos nosos marabillosos socios: IIS Fermi – Nervi – Cassandro e Lycée François Truffaut. A verdade é que foi un verdadeiro pracer poder participar neste proxecto, nun curso tan complicado como éste  De feito, estas dúas escolas socias tiveron que facer un esforzo extra por estar pechadas parte do tempo: o instituto italiano todo o curso e o francés por máis de dous meses. Moitísimas grazas a todos!!!