Entradas

FROM PORTAS TO FUNCHAL (ERASMUS+)

Imagen
  Dentro do noso proxecto Erasmus+ realizamos a nosa primeira mobilidade para "Observación de Boas Prácticas" a Funchal, en Madeira Portugal. A verdade é que tivemos moitísima sorte de seren recibidos polo marabilloso grupo de profesores do Jaime Moniz no que nos sentimos verdadeiramente como en casa. Ademais, ensináronnos moitos dos seus excelentes proxectos e os pasos necesarios para conseguiren ser Escola Unesco. Pola nosa parte, aprovetamos para presentar o noso cole por Europa e, como non podería ser doutro xeito, explicar a figura de Domingo Fontán, do que levamos o nome. Para máis información premede no seguinte LINK: From Portas to Funchal

MEETING WITH TEACHER TRAINING CENTER

Imagen
We met with the advisor of the teacher training center of the Xunta de Galicia to monitor our participation in European Programs.

Cartel de Domingo Fontán

No proxecto EuroMission fixemos e publicamos o cartel dedicado a "Personaxes Célebres" que inauguramos, coma non podería ser doutro xeito, coa figura de Domingo Fontán. Preme AQUÍ para ver a entrada no blog dedicado a este científico!

STUDENTS INTRODUCE THEMSELVES

Imagen
  Students are already presenting themselves on the twinboard through their personalized avatars!

SLAVA UKRAINI!!!

Imagen
  Nas nosas webs, bogs e redes sociais, tentamos poñer un graniño de area para mandar ánimos a Ucraína, especialmente á nosa escola amiga de Horenychi (Kiev). No grupo de whatsapp do proxecto eTwinning "The Guardians of te Local Heritage" seguimos a recibir as tristes reflexións dos alumnos desta escola que están a sufrir a guerra na súa propia pel!

STOP WAR

Imagen
  SUNFLOWERS (national flower of Ukraine) Os alumnos de Gravado fixeron algúns xirasois de origami (papiroflexia) que é a flor nacional de Ucrania para amosar a nosa solidariedade con este pobo que sofre. Aquí deixamos a LIGAZÓN para crealos por se queres facer o teu!

STOP WAR

Imagen
  Os alumnos de 4º da ESO, que os curso pasado fixeron un proxecto eTwinning coa Horenychi Secondary School de Kyiv, fixeron este video para enviarlles o seu apoio!