Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

CHRISTMAS CARD EXCHANGE 2020 (Proxecto eTwinning)

Imagen
  Este curso, a pesares da pandemia da Covid, participamos de novo nalgúns proxectos eTwinning! Repetimos no de intercambio de postais de Nadal... botádelle unha ollada á entrada que puxemos no blog da biblio PREMENDO AQUÍ!

EUROPE IS THE WAY: 1º proxecto eTwinning que coordinamos!!!

Imagen
  Este curso animámonos a coordinar o noso propio proxecto eTwinning aproveitando que o noso KA1 Erasmus+ está un pouco parado por mor do cese das viaxes. Aproveitamos que é Ano Xacobeo para facer un traballo internacional sobre o Camiño de Santiago. Temos socios de Italia (Barletta, ao sudeste) e de Francia (Beauvais, ao norte) e estamos a procurar tamén un centro de Portugal. Dividirase en 4 actividades que versarán sobre: ARTE, LITERATURA, MATEMÁTICAS E BIOLOXÍA.

the GUARDIANS of LOCAL HERITAGE: first meeting!!!

Imagen
  Estamos a participar nun proxecto eTwinning moi interesante que intenta promover a posta en valor e a protección do patrimonio da contorna. Colaboramos con centros de toda Europa e xa comezamos a facer as nosas primeiras videoconferencias! Polo de agora xa fixemos o deseño do logo e estudamos os traxes rexionais de cada país e os diferentes costumes de Nadal. Pronto, con toda esta información, faremos un libro virtual e unha revista colaborativa. A verdade é que está a resultar abraiante este intercambio de coñecementos e ideas!!!