Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

PROGRAMAS EUROPEOS NA WEB DO CENTRO

Imagen
Creamos novos apartados na web do colexio para publicar as novas relacionadas cos Programas Europeos nos que estamos a participar. Tamén subimos o noso Plan de Desenvolvemento Europeo ao apartado de Plans e Programas do centro. Ademais, deseñamos unha nova CDU na nosa Biblioteca para sinalar os fondos relacionados co Proxecto Europeo!

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Imagen
Por iniciativa do Consello de Europa de Estrasburgo, nomeouse o 26 de Setembro de cada ano o Día Europeo das Linguas. Trátase de potenciar a diversidade lingüística e poñer en valor a herdanza cultural do noso continente. Podedes ver todas as propostas nesta ligazón . No CPI Domingo Fontán, os Departamentos de Galego, Inglés e Plástica (coas profes participantes nos programas europeos: Susana S., María R. e Sara R.), unímonos a esta celebración con varias actividades realizadas polos nosos alumnos da ESO: Un traballo e exposición no taboleiro con palabras doutras linguas europeas (1ºESO), a posta en valor das linguas minoritarias (2º ESO) e a participación no concurso para o deseño do próximo logo para este día (3ºESO).