DÍA EUROPEO DAS LINGUAS


Por iniciativa do Consello de Europa de Estrasburgo, nomeouse o 26 de Setembro de cada ano o Día Europeo das Linguas. Trátase de potenciar a diversidade lingüística e poñer en valor a herdanza cultural do noso continente.
Podedes ver todas as propostas nesta ligazón.

No CPI Domingo Fontán, os Departamentos de Galego, Inglés e Plástica (coas profes participantes nos programas europeos: Susana S., María R. e Sara R.), unímonos a esta celebración con varias actividades realizadas polos nosos alumnos da ESO:
Un traballo e exposición no taboleiro con palabras doutras linguas europeas (1ºESO), a posta en valor das linguas minoritarias (2º ESO) e a participación no concurso para o deseño do próximo logo para este día (3ºESO).



Comentarios

Entradas populares de este blog

STOP WAR

JOBSHADOWING

FROM PORTAS TO FUNCHAL (ERASMUS+)