Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como EUROPE is the WAY

CURSO "APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS"

Imagen
Carlos Castro e Susana Sabarís, do Equipo de Programas Europeos do CPI participaron coma relatores no curso de formación "Aprendizaxe baseada en proxectos a través de eTwinning" organizado polo CFR de Lugo. Na xuntanza virtual presentaron os nosos proxectos europeos (ERASMUS+ eTwinning) facendo fincapé no proxecto "Europe is the Way", gañador de Selos de Calidade Nacionais e Europeos. Aquí tendes algunhas capturas de pantalla da xuntanza virtual. A verdade é que foi unha experiencia marabillosa e a docencia gustou moito e foi de utilidade polo que reflicte a altísima valoración nas enquisas!

PLACA ETWINNING

Imagen
Vimos de recibir unha nova placa para colocar no noso centro para conmemorar a obteción do selo de Calidade Eurpeo eTwinning do curso pasado.

RELATORIO NO PLAN PROXECTA SOBRE PATRIMONIO

Imagen
  Aceptamos a solicitude por parte da Xunta de facer un relatorio no plan de formación do curso do CAFI "Patrimonio cultural europeo en colaboración a través do programa eTwinning" que forma parte do Plan Proxecta deste curso 2021/22. Na ponencia contaremos a nosa experiencia co proxecto "Europe is the Way" que obtivo o Selo de Calidade Nacional e o Europeo o curso pasado e que levamos a cabo na 1ª edición deste mesmo curso. Aquí estamos na reunión virtual para sincronizar a charla, pois quixemos participar os catro! Pronto contaremos cómo resultou todo...

EUROPEAN QUALITY LABEL

Imagen
  Tamén nos concederon o Selo de Calidade Europeo polo proxecto Europe is the Way!!! A verdade é que estamos moi contentos, sobre todo polo email que nos enviaron que nos da moitos azos para seguir nos Proxectos Europeos de eTwinning e de Erasmus+.

QUALITY LABEL

Imagen
O noso proxecto de eTwinning Europe is the Way acadou o selo de calidade!!! A verdade é que é unha gran ledicia ao ser o primeiro proxecto que coordinamos... moitas grazas ao Servizo Nacional, á Embaixada eTwinning de Galicia e aos noso marabillosos socios de Barletta e Beauvais.

O FINAL DO CAMIÑO (End of the Way)

Imagen
Chegamos á meta do noso proxecto eTwinning coa publicación dos nosos eBooks. Queremos despedirnos dos nosos marabillosos socios: IIS Fermi – Nervi – Cassandro e Lycée François Truffaut. A verdade é que foi un verdadeiro pracer poder participar neste proxecto, nun curso tan complicado como éste  De feito, estas dúas escolas socias tiveron que facer un esforzo extra por estar pechadas parte do tempo: o instituto italiano todo o curso e o francés por máis de dous meses. Moitísimas grazas a todos!!!

EXPOSICIÓN FINAL (final exhibition)

Imagen
Este curso non fixemos exposicións físicas nin xornadas de portas abertas por mor da situación sanitaria pola Covid. Porén, para rematar o curso, colocamos este taboleiro cun resumo dos nosos proxectos europeos que ficará no corredor do centro para aqueles que veñan facer a matrícula. Esperamos que vos guste!!!

WATERCOLORS

Imagen
Os alumnos de Plástica de 3º da ESO fixeron un obradoiro de Acuarelas para ilustrar algunhas das etapas máis representativas do Camiño de Santiago. A verdade é que lles quedaron chulísimas! Con elas quixemos completar o libro comezado polos nosos socios italianos sobre as distintas Rutas Xacobeas, chamdo Itinieraries. Baseámonos, sobre todo, en dúas adquisicións recentes da nosa biblioteca: GONZÁLEZ, J. Guía Ilustrada sobre el Camino de Santiago. Ed. El Patito e AAVV. El Camino de Santiago: un Viaje Ilustrado. Ed. Planeta. Aquí podedes ver os resultados!!!

Virtual Books no blog da Xunta

Imagen
 

Os nosos libros virtuais

Imagen
Xa estamos a maquetar os nosos libros: Europe is the Ways, Digital Herbarium, Medieval Codices, Maths & Geography y Art in the Way. PRONTO REMATAREMOS ESTA ANDAINA... moitas grazas a todos por participar!!!

REUNIÓNS EN LIÑA

Imagen
Este curso os nosos alumnos da ESO puideron poñer en práctica os seus coñecementos en Inglés interactuando con outros estudantes de toda Europa grazas á nosa participación na plataforma eTwinning. Algunhas das ocasións foron reunións en liña para coñecerese mellor e/ou organizar algunhas das actividades dos proxectos. Noutras, foron videoconferencias con algún tema interesante: costumes, Covid, comidas...

Europe is the Way: BIBLIOGRAPHY

Imagen
Seguimos a trballar no proxecto de eTwinning sobre o Camiño de Santiago: Europe is the Way (Europa é o Camiño). Para isto a nosa biblioteca escolar está a ser, unha vez máis, unha fonte riquísima de información. Adquirimos novos fondos sobre o Camiño de Santiago para completar a nosa colección: xa temos libros para todas as etapas educativas, para mitas das materias e ata en Inglés! É por iso que decidimos crear unha nova CDU dentro da categoría 9 (Xeografía, Viaxes, Historia) para ter moi ben localizados estes fondos para futuras ocasións.

MEDIEVAL SCRIPTORIUM & DIGITAL HERBARIUM

Imagen
Xa estamos inmersos nas distintas actividades do proxecto: Fixemos un obradoiro de Códices Medievais, analizamos os cruceiros da contorna e buscamos información sobre as árbores centenarias da zona. Fixemos unha caminata para tratar de atopar algunhas destas especies e recollimos follas para secalas e poñer as súas fotos no Herbario Dixital. Tamén buscamos información en internet e na biblioteca sobre todo isto para comezar a escribir os textos que irán nos nosos libros virtuais. We are already immersed in the different activities of the project: We did a Medieval Codices workshop, we analyzed the surrounding Stone Crosses and we looked for information about the centenarian trees in the area. We went for a walk to try to find these species and collected leaves to dry them and put pictures of them in the Digital Herbarium. We also look for information on the internet and in the library about all this to start writing the texts that will go in our virtual books.

BLOG "EDUCACIÓN PATRIMONIAL"

Imagen
Comezamos a colaborar co blog EDUCACIÓN PATRIMONIAL da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Neste blog, todos os centros participantes no Plan Proxecta "Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinnig" imos publicando novas, avances dos proxectos e impresións. Arriba á esquerda podedes atopar a ligazón á etiqueta "CPI Domingo Fontán" do blog de Educación patrimonial para que botedes unha ollada ao noso proxecto e a todos os demais! 

Día do LiBRO 2021

Imagen
Aproveitando a celebración do Día do Libro, dende a Biblioteca Escolar demos a coñecer aos gañadores do noso centro nas catro categorías do concurso de logos: ART, BIOLOGY, MATHS & LITERATURE. Ademais dun vale para gastar nas librarías da contorna, os 4 primeiros premios verán o seu logo publicado no TwinSpace e participarán na votación cos seleccionados de Italia e de Francia.

SUMMARY of the eTwinning EVENT

Imagen
We celebrate the eTwinning event organized by the Galician embassy and Xunta de Galicia to share the latest news about our heritage projects. Each center participating in the "Plan Proxecta" summarized the activities carried out and commented on the problems that they have found, most of them related to the search for partners and the confinement situations of many of the European schools. It was very interesting and we learned a lot from the other schools, the organizers and the different eTwinning ambassadors!

ETWINNING EVENT

Imagen
Mañán estamos invitados a participar nun Evento eTwinning para presentar os noso proxecto EUROPE IS THE WAY. Tamén coñeceremos de primeira man moitos outros proxectos en activo. Seguro que é moi interesante e aprendemos moito... pronto poñeremos aquí os resultados!

REUNIÓN do EQUIPO

Imagen
 O equipo de Programas Europeos do cole reuniúse de xeito virtual para preparar o evento eTwinning e o resto das actividades que restan por facer este curso. A reunión foi moi clarificadora e xa fixemos o workplan final do noso proxecto Europe is the Way. Pronto publicaremos os avances!

O CÓDICE CALIXTINO

Imagen
O profe de Galego Suso Muíños fixo unha charla moi interesante sobre o Códice Calixtino en Inglés, para que os alumnos da Sección Bilingüe puideran ter un primeiro achegamento a este manuscrito custodiado na Catedral de Santiago de Compostela. A charla foi en Inglés, aínda que Suso é experto en Esperanto... e non dubidamos en que nos amosara un anaquiño!

Crea o teu LOGO!!!

Imagen
Cada equipo do proxecto Europe is the Way vai expor as súas propostas para elixir un logotipo que os represente. Despois entre todos os votaremos... SORTE A TODOS!!!🍀🍀🍀🍀🍀🍀🍀