GLOSARIO de TERMOS INGLESES
GLOSARIO DE TERMOS INGLESES HABITUAIS NO EIDO DA PUBLICIDADE EN ESPAÑA Ad / Advertising: anuncio, publicidade. Ad Blocker : Programa no navegador dun usuario que impide que se amosen os anuncios na pantalla. Anti-aging : produto que frea o envellecemento. Banner : anuncio publicitario en forma de imaxe gráfica que, normalmente, aparece ao longo dunha páxina web nun espazo reservado para publicidade. Benchmarking: comparación coa competencia, xa sexa en canto a produtos, estratexias, prezos, resultados… Big data: refírese á gran base de datos creada a raíz dos movementos dos usuarios en internet. Bot : tipo de robot o programa que traballa automaticamente sen a intervención humana. Brand/Branding: marca. O proceso do branding refírese ao de crear unha identidade de marca que resulte positiva na mente do usuario. Briefing: resumo que recompila toda a información necesaria para realizar unha camp...

Comentarios
Publicar un comentario