Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

WATERCOLORS

Imagen
Os alumnos de Plástica de 3º da ESO fixeron un obradoiro de Acuarelas para ilustrar algunhas das etapas máis representativas do Camiño de Santiago. A verdade é que lles quedaron chulísimas! Con elas quixemos completar o libro comezado polos nosos socios italianos sobre as distintas Rutas Xacobeas, chamdo Itinieraries. Baseámonos, sobre todo, en dúas adquisicións recentes da nosa biblioteca: GONZÁLEZ, J. Guía Ilustrada sobre el Camino de Santiago. Ed. El Patito e AAVV. El Camino de Santiago: un Viaje Ilustrado. Ed. Planeta. Aquí podedes ver os resultados!!!

The Legends of the Guardians

Xa está rematado o libro dixital coas aportacións de todos os socios. Cada centro educativo elixiu un personaxe destacado da súa contorna. Nós, como non podería doutro xeito, eliximos a Domingo Fontán, de quen levamos o nome! Deixamos aquí a ligazón ao libro : THE LENGENDS OF GUARDIANS

CORRESPONDENCIA INTERNACIONAL

Imagen
Recibimos unhas fermosísimas cartas de centros de toda Europa que participan connosco no proxecto eTwinning Guardians of the Local Heritage. Foi unha sorpresa realmente agradable e non tardamos moito en contestalas!

Virtual Books no blog da Xunta

Imagen
 

Análise dos resultados da ENQUISA

Imagen
Fixemos unha enquisa sobre o tema do Inglés na Publicidade en España aos nosos alumnos da Sección Bilingüe deste curso, con preguntas similares ás feitas no curso 2017/18. Algúns dos resultados foron similares: os eidos onde é maior a presenza do Inglés (roupa e automóbiles)  ou os motivos polo que o empregan nos anuncios (ser máis orixinales e modernos). Porén, creceu bastante o número dos que creen que é porque non existe a mesma palabra no noso idioma e creceu moitísimo os que non creen que exista unha invasión do Inglés. En só 3 anos non cremos que esto se deba a un cambio de opinión/tendencia senón máis ben a que non son moi conscientes: lembramos que esta vez a entregamos para cubrir ANTES de dar a unidade didáctica sobre o tema. Tamén aumentou o número dos que afirman que entenden bastante estes anuncios, confiamos en que a esto axudara un poco esta Sección Bilingüe :) O que sí que mudou totalmente neste 3 anos foi a linguaxe adolescente, pois as palabras en Inglés que eran comú

LINKS de INTERESE para o INGLÉS na PUBLICIDADE

 Aquí recollemos algunas ligazóns que poden resultar de interese para este tema: A lingua inglesa na publicidade española: o sector das revistas de moda. Universidade de Valladolid A publicidade en Inglés crece (artigo de El País 22/05/2016) Anglicismos no marketing Aprender Inglés a través dos anuncios Artigo sobre o abuso do Inglés en publicidade (El Heraldo 01/07/2018 ) Glosario on-line de termos ingleses relacionados coa publicidade Guía didáctica do curso “Traballando coa publicidade na aula” Material sobre publicidade para docentes creado polo Ministerio de Educación O Inglés na publicidade en España (presentación da RAE) Os termos ingleses máis empregados en publicidade Premios internacionais Propostas didácticas de Sergio Clavero sobre a linguaxe audiovisual e a publicidade

Os nosos libros virtuais

Imagen
Xa estamos a maquetar os nosos libros: Europe is the Ways, Digital Herbarium, Medieval Codices, Maths & Geography y Art in the Way. PRONTO REMATAREMOS ESTA ANDAINA... moitas grazas a todos por participar!!!

CHARLA: O Inglés na Publicidade

Imagen
  No taller de Plástica decidimos facer unha breve charla sobre algúns anuncios que empregan de xeito moi evidente o Inglés na nosa publicidade. Algúns dos alumnos animáronse a facer as súas propias reflexións e foi moi interesante! A nosa Auxiliar de Conversa tamén aportou a súa experiencia con¡s anuncios en Estados Unidos.

GLOSARIO de TERMOS INGLESES

  GLOSARIO DE TERMOS INGLESES HABITUAIS NO EIDO DA PUBLICIDADE EN ESPAÑA     Ad / Advertising: anuncio, publicidade. Ad Blocker : Programa no navegador dun usuario que impide que se amosen os anuncios na pantalla. Anti-aging : produto que frea o envellecemento.        Banner : anuncio publicitario en forma de imaxe gráfica que, normalmente, aparece ao longo dunha páxina web nun espazo reservado para publicidade. Benchmarking: comparación coa competencia, xa sexa en canto a produtos, estratexias, prezos, resultados…  Big data: refírese á gran base de datos creada a raíz dos movementos dos usuarios en internet.  Bot : tipo de robot o programa que traballa automaticamente sen a intervención humana. Brand/Branding: marca. O proceso do branding refírese ao de crear unha identidade de marca que resulte positiva na mente do usuario. Briefing: resumo que recompila toda a información necesaria para realizar unha campaña ou acción concreta. Celebrity : celebridade

ESCOLMA de ANUNCIOS

Imagen
Hoxe en día, moitas das marcas (especialmente de automóbiles, cosmética ou bebidas alcohólicas) empregan total o parcialmente o Inglés coma un valor engadido ao seu produto. De feito están aumentando as que empregan directamente mensaxes non traducidas nin subtituladas, xa sexa para que o  público lembre algo diferente do habitual ou para situar o Inglés como lingua global, case neutral, coa que os cidadáns de todo o mundo poidan identificarse. Aproveitando o novo anuncio de Burguer King: Nova Queen BBQ, fixemos unha revisión e selección dal gunhas marcas que empregan con asiduidade (e bastante éxito!) o Inglés nas súas campañas publicitarias en España: Adidas: CREATIVITY IS THE ANSWER Apple: THINK DIFFERENT BMW: BE WATER, MY FRIEND Burguer King: NUEVA QUEEN BBQ Calvin Klein: CK ONE Carolina Herrera: 212 HEROES Kenzo: FLOWER Nike: PLAY NEW Nike: RISK EVERYTHING Pacha Ibiza: 24/7 Paco Rabanne: ONE MILLION PERFUME Qualitas Auto: I TRUST Schweppes: I LIKE IT LIKE THAT

ANGLICISMOS na PUBLICIDADE

Imagen
Sexamos conscientes ou non, a linguaxe publicitaria que nos chega a diario está ateigada de termos ingleses, quizais porque foi en EEUU onde naceu e medrou este sector ou porque a cultura anglosaxona inflúe enormemente nos nosos hábitos a través da música, do cine, dos famosos ou dos videoxogos, que exportan a todo o mundo o seu estilo de vida e costumes. Que son os anglicismos? Os anglicismos son empréstitos lingüísticos do Inglés a outro idioma, no noso caso o Galego e que, nestes últimos tempos, foron facéndose un oco no noso vocabulario habitual.  Algúns son necesarios, xa que existen conceptos, ideas, produtos ou obxectos que non teñen equivalente na lingua de destino. Porén moitas veces, aínda que exista o termo en Galego, tendemos a empregar o anglicismo antes que o seu equivalente, ou sexa, recurrimos excesivamente aos extranxeirismos, especialmente nalgúns sectores concretos como o marketing, a publicidade ou a moda, ata o punto que se está a falar dunha “invasión” do Inglés n

a RAE contra o abuso dos Anglicismos

Imagen
 No 2016 a Real Academia Española de la Lengua publicou este vídeo criticando o uso excesivo do Inglés en publicidade cando temos nos noso idioma termos moi axeitados para empregar. Aquí os deixamos o vídeo:

ENQUISA: O Inglés na Publicidade

Imagen
Entregamos unha enquisa sobre a presenza do Inglés na publicidade en España modificando algunha das preguntas da feita no 2018. Fixemos un grande cambio: esta vez a entregamos para cubri ANTES de dar a Unidade Didáctica sobre o tema, para analizar as súas reaccións sen influencias alleas. Pronto colgaremos os resultados!

Padlet: Important Historical Places around me

Imagen
Bota unha ollada ao taboleiro colaborativo sobre lugares de interés que estamos a facer no proxecto eTwinning: Guardians of the Local Heritage premendo neste LINK .

the GUARDIANS of the LOCAL HERITAGE: Final Task

Imagen
  Coma derradeira tarefa do proxecto de "Guardiáns do Patrimonio Local" colaboramus nun taboleiro virtual para facer unhas breves reseñas dos lugares máis importantes da nosa contorna. Falamos de Portas, coas súas igrexas románicas e cruceiros, o legado de Domingo Fontán e a fermosísima Azucareira. Tamén fixemos mención a Caldas de Reis: coas súas termas, ponte romano, cascada... E, por suposto, á etapa final do Camiño: Santiago de Compostela. É un paso máis na nosa firme intención de Abrir Portas a Europa! 1ª foto: Félix, Andrea e David buscando información das etapas. 3ª foto: os chulísimos logos foron deseñados por Roi Pérez e Katy Rebón.

MERCA COS NOSOS COMMERCIALS 2021

Imagen
Hai algúns anos levamos a cabo na Sección Bilingüe de EPVA un proxecto sobre a presenza de anglicismos na linguaxe publicitaria en España: "MERCA COS NOSOS COMMERCIALS". A verdade é que o pasamos moi ben e aprendimos moitísimas cousas e, aínda por riba, gañamos o concurso GALICONS que convocara o Instituto Galego de Consumo. Este curso quixemos retomar a idea e actualizala un pouco con novos anuncios, aproveitando que é a 1ª vez que nos concederon un auxiliar de conversa que nos vai a introducir no eido da publicidade nos Estados Unidos. Pronto publicaremos novas entradas sobre este tema!!!

REUNIÓNS EN LIÑA

Imagen
Este curso os nosos alumnos da ESO puideron poñer en práctica os seus coñecementos en Inglés interactuando con outros estudantes de toda Europa grazas á nosa participación na plataforma eTwinning. Algunhas das ocasións foron reunións en liña para coñecerese mellor e/ou organizar algunhas das actividades dos proxectos. Noutras, foron videoconferencias con algún tema interesante: costumes, Covid, comidas...

EUROPE DAY

Imagen
Cada 9 de Maio celebramos o Día de Europa, como recordo da Declaración de Schuman, en París en 1950, na que este político francés defendeu a idea dunha Europa Unida na que a cooperación política fixera inpensable calquera conflito bélico. Os alumnos de 2º ESO celebran este día facendo un mural efímero no patio do colexio: I Love Europe !!! Visita a web oficial se queres saber máis neste LINK

Día de Europa no SEPIE

Imagen
O SEPIE @sepiegob (Servicio Español Para la Internacionalización de la Educación) celebra todo este mes de Maio o #DíaDeEuropa con actividades moi interesantes que queren avaliar canto coñecemos da Unión Europea e do Programa Erasmus+. Ademais sortea con cada participación material promocional do #ErasmusPlus ! Compartimos aquí o seu colorido GIF:

Europe is the Way: BIBLIOGRAPHY

Imagen
Seguimos a trballar no proxecto de eTwinning sobre o Camiño de Santiago: Europe is the Way (Europa é o Camiño). Para isto a nosa biblioteca escolar está a ser, unha vez máis, unha fonte riquísima de información. Adquirimos novos fondos sobre o Camiño de Santiago para completar a nosa colección: xa temos libros para todas as etapas educativas, para mitas das materias e ata en Inglés! É por iso que decidimos crear unha nova CDU dentro da categoría 9 (Xeografía, Viaxes, Historia) para ter moi ben localizados estes fondos para futuras ocasións.

MEDIEVAL SCRIPTORIUM & DIGITAL HERBARIUM

Imagen
Xa estamos inmersos nas distintas actividades do proxecto: Fixemos un obradoiro de Códices Medievais, analizamos os cruceiros da contorna e buscamos información sobre as árbores centenarias da zona. Fixemos unha caminata para tratar de atopar algunhas destas especies e recollimos follas para secalas e poñer as súas fotos no Herbario Dixital. Tamén buscamos información en internet e na biblioteca sobre todo isto para comezar a escribir os textos que irán nos nosos libros virtuais. We are already immersed in the different activities of the project: We did a Medieval Codices workshop, we analyzed the surrounding Stone Crosses and we looked for information about the centenarian trees in the area. We went for a walk to try to find these species and collected leaves to dry them and put pictures of them in the Digital Herbarium. We also look for information on the internet and in the library about all this to start writing the texts that will go in our virtual books.