GLOSARIO de TERMOS INGLESES
GLOSARIO DE TERMOS INGLESES HABITUAIS
NO EIDO DA PUBLICIDADE EN ESPAÑA
Ad / Advertising: anuncio,
publicidade.
Ad Blocker:
Programa no navegador dun usuario que impide que se amosen os anuncios na
pantalla.
Anti-aging: produto
que frea o envellecemento.
Banner:
anuncio publicitario en forma de imaxe gráfica que, normalmente, aparece ao
longo dunha páxina web nun espazo reservado para publicidade.
Benchmarking: comparación coa competencia,
xa sexa en canto a produtos, estratexias, prezos, resultados…
Big data: refírese á gran base de datos creada a raíz dos movementos dos usuarios en
internet.
Bot: tipo de robot
o programa que traballa automaticamente sen a intervención humana.
Brand/Branding:
marca. O proceso do branding refírese ao de crear unha
identidade de marca que resulte positiva na mente do usuario.
Briefing:
resumo que recompila toda a información necesaria para realizar unha campaña ou acción concreta.
Celebrity: celebridade,
famoso, especialmente no eido da industria do espectáculo.
CEO (Chief executive officer): pódese
traducir coma “conselleiro delegado” ou “director xeral”.
Community manager: xestor
ou responsable das comunidades virtuais.
Content curator: fai
referencia á persoa encargada de seleccionar, filtrar, editar e validar as
informacións e contidos dunha web. Podería traducirse por “responsable de
contidos”.
Cookies: pequenos
arquivos que se instalan no navegador de xeito que o sitio web pode consultar a
actividade do usuario.
Cool: que está de
moda.
Customization:
ferramenta para a comercialización personalizada.
Digital signage: medio
de comunicación de contidos dixitais e interactivos no punto de venta e en lugares
públicos, a través de dispositivos de emisión como pantallas, proxectores ou
paneis táctiles.
Display:
publicidade de formatos gráficos.
Eco-friendly:
respectuoso co medio ambiente.
E-commerce:
comercio electrónico, é dicir, a transacción de bens e servizos a través de
medios informáticos e por Internet.
Engagement: ten relación con crear
un vínculo co usuario: conexión, compromiso, vinculación…
FAQ’s (Frequently Asked
Questions): preguntas máis frecuentes.
Gloss:
acabado brillante.
Hater: persoas
que amosan actitudes negativas ou hostís.
Influencer: unha
persoa cun certo prestixio nalgún ámbito que ten a capacidade de influír no
comportamento dos seus seguidores.
Interstitial:
anuncios que aparecen entre dos páxinas dentro dunha web.
Landing page: trátase dunha páxina sinxela na que se atopa a
ampliación da información unha vez clicado un anuncio. Tamén é frecuente atopar
un formulario para que o usuario deixe os seus datos.
Lead: cliente potencial, persoas que amosaron interese
nunha determinada campaña, por exemplo
cando un usuario se rexistra, se apunta ou se descarga algo no sitio dun
anunciante.
Lifting: efecto
eliminador de engurras.
Light: baixo
en calorías.
Marketing:
conxunto de técnicas que teñen como obxectivo principal mellorar a
comercialización dun produto.
Media planner: persoa
que se dedica á planificación de campañas publicitarias en medios de
comunicación, é dicir, o que decide como, cando e onde deben difundirse as
mensaxes.
Merchandising: refírese
aos típicos regalos publicitarios que fai unha empresa ou produtos baseados
nunha marca.
Mailing: fai
referencia (no sector do marketing dixital)
ao envío masivo de correos electrónicos en forma de propaganda a una serie de
contactos que, anteriormente, confirmaron que desexan recibir esta información.
Millennial: fai
referencias ás novas xeracións, é dicir, aos xoves que teñen entre 18 e 30 anos
e que se caracterizan por estar familiarizados con Internet e coas novas
tecnoloxías.
Mobile advertising: publicidade
para dispositivos móbiles.
Outfit: a
“mellor” vestimenta.
Personal shopper:
asistente persoal que axuda ao cliente na adquisición de roupa, presentes...
Pop-up:
formato publicitario que consiste na aparición dunha ventá que emerxe ao
acceder a unha páxina web ou a algún contido desta.
Pre-roll e Post-roll:
publicidade en formato de vídeo que se emite antes/despois do contido audiovisual
que o usuario desexa ver.
Selfie:
autorretrato fotográfico.
Skyscraper:
formato de publicidade dixital en formato vertical.
Smartphone:
teléfono (móbil) “intelixente”.
Sponsor: patrocinador.
Streaming: é a
técnica que permite reproducir contidos dende un navegador ou outra plataforma
sen necesidade de descargalos previamente.
Target:
público obxectivo ao que vai destinada unha campaña publicitaria.
Trademark: marca
rexistrada.
Troll: persoa
que publica comentarios provocadores e irrelevantes, coa finalidade de facer
enfadar ao resto da comunidade de usuarios.
Trendy: á
moda.
Spam: práctica que
consiste en enviar correos electrónicos comerciais a persoas que no deron o seu
consentimento. As direccións normalmente son captadas por programas especiais ou
mercadas a prezos moi baixos.
Comentarios
Publicar un comentario