Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como S. Bilingüe

The Legends of the Guardians

Xa está rematado o libro dixital coas aportacións de todos os socios. Cada centro educativo elixiu un personaxe destacado da súa contorna. Nós, como non podería doutro xeito, eliximos a Domingo Fontán, de quen levamos o nome! Deixamos aquí a ligazón ao libro : THE LENGENDS OF GUARDIANS

Análise dos resultados da ENQUISA

Imagen
Fixemos unha enquisa sobre o tema do Inglés na Publicidade en España aos nosos alumnos da Sección Bilingüe deste curso, con preguntas similares ás feitas no curso 2017/18. Algúns dos resultados foron similares: os eidos onde é maior a presenza do Inglés (roupa e automóbiles)  ou os motivos polo que o empregan nos anuncios (ser máis orixinales e modernos). Porén, creceu bastante o número dos que creen que é porque non existe a mesma palabra no noso idioma e creceu moitísimo os que non creen que exista unha invasión do Inglés. En só 3 anos non cremos que esto se deba a un cambio de opinión/tendencia senón máis ben a que non son moi conscientes: lembramos que esta vez a entregamos para cubrir ANTES de dar a unidade didáctica sobre o tema. Tamén aumentou o número dos que afirman que entenden bastante estes anuncios, confiamos en que a esto axudara un poco esta Sección Bilingüe :) O que sí que mudou totalmente neste 3 anos foi a linguaxe adolescente, pois as palabras en Inglés que eran ...

LINKS de INTERESE para o INGLÉS na PUBLICIDADE

 Aquí recollemos algunas ligazóns que poden resultar de interese para este tema: A lingua inglesa na publicidade española: o sector das revistas de moda. Universidade de Valladolid A publicidade en Inglés crece (artigo de El País 22/05/2016) Anglicismos no marketing Aprender Inglés a través dos anuncios Artigo sobre o abuso do Inglés en publicidade (El Heraldo 01/07/2018 ) Glosario on-line de termos ingleses relacionados coa publicidade Guía didáctica do curso “Traballando coa publicidade na aula” Material sobre publicidade para docentes creado polo Ministerio de Educación O Inglés na publicidade en España (presentación da RAE) Os termos ingleses máis empregados en publicidade Premios internacionais Propostas didácticas de Sergio Clavero sobre a linguaxe audiovisual e a publicidade

CHARLA: O Inglés na Publicidade

Imagen
  No taller de Plástica decidimos facer unha breve charla sobre algúns anuncios que empregan de xeito moi evidente o Inglés na nosa publicidade. Algúns dos alumnos animáronse a facer as súas propias reflexións e foi moi interesante! A nosa Auxiliar de Conversa tamén aportou a súa experiencia con¡s anuncios en Estados Unidos.

GLOSARIO de TERMOS INGLESES

  GLOSARIO DE TERMOS INGLESES HABITUAIS NO EIDO DA PUBLICIDADE EN ESPAÑA     Ad / Advertising: anuncio, publicidade. Ad Blocker : Programa no navegador dun usuario que impide que se amosen os anuncios na pantalla. Anti-aging : produto que frea o envellecemento.        Banner : anuncio publicitario en forma de imaxe gráfica que, normalmente, aparece ao longo dunha páxina web nun espazo reservado para publicidade. Benchmarking: comparación coa competencia, xa sexa en canto a produtos, estratexias, prezos, resultados…  Big data: refírese á gran base de datos creada a raíz dos movementos dos usuarios en internet.  Bot : tipo de robot o programa que traballa automaticamente sen a intervención humana. Brand/Branding: marca. O proceso do branding refírese ao de crear unha identidade de marca que resulte positiva na mente do usuario. Briefing: resumo que recompila toda a información necesaria para realizar unha camp...

ESCOLMA de ANUNCIOS

Imagen
Hoxe en día, moitas das marcas (especialmente de automóbiles, cosmética ou bebidas alcohólicas) empregan total o parcialmente o Inglés coma un valor engadido ao seu produto. De feito están aumentando as que empregan directamente mensaxes non traducidas nin subtituladas, xa sexa para que o  público lembre algo diferente do habitual ou para situar o Inglés como lingua global, case neutral, coa que os cidadáns de todo o mundo poidan identificarse. Aproveitando o novo anuncio de Burguer King: Nova Queen BBQ, fixemos unha revisión e selección dal gunhas marcas que empregan con asiduidade (e bastante éxito!) o Inglés nas súas campañas publicitarias en España: Adidas: CREATIVITY IS THE ANSWER Apple: THINK DIFFERENT BMW: BE WATER, MY FRIEND Burguer King: NUEVA QUEEN BBQ Calvin Klein: CK ONE Carolina Herrera: 212 HEROES Kenzo: FLOWER Nike: PLAY NEW Nike: RISK EVERYTHING Pacha Ibiza: 24/7 Paco Rabanne: ONE MILLION PERFUME Qualitas Auto: I TRUST Schweppes: I LIKE IT LIKE T...

ANGLICISMOS na PUBLICIDADE

Imagen
Sexamos conscientes ou non, a linguaxe publicitaria que nos chega a diario está ateigada de termos ingleses, quizais porque foi en EEUU onde naceu e medrou este sector ou porque a cultura anglosaxona inflúe enormemente nos nosos hábitos a través da música, do cine, dos famosos ou dos videoxogos, que exportan a todo o mundo o seu estilo de vida e costumes. Que son os anglicismos? Os anglicismos son empréstitos lingüísticos do Inglés a outro idioma, no noso caso o Galego e que, nestes últimos tempos, foron facéndose un oco no noso vocabulario habitual.  Algúns son necesarios, xa que existen conceptos, ideas, produtos ou obxectos que non teñen equivalente na lingua de destino. Porén moitas veces, aínda que exista o termo en Galego, tendemos a empregar o anglicismo antes que o seu equivalente, ou sexa, recurrimos excesivamente aos extranxeirismos, especialmente nalgúns sectores concretos como o marketing, a publicidade ou a moda, ata o punto que se está a falar dunha “invasión” do Ingl...

a RAE contra o abuso dos Anglicismos

Imagen
 No 2016 a Real Academia Española de la Lengua publicou este vídeo criticando o uso excesivo do Inglés en publicidade cando temos nos noso idioma termos moi axeitados para empregar. Aquí os deixamos o vídeo:

ENQUISA: O Inglés na Publicidade

Imagen
Entregamos unha enquisa sobre a presenza do Inglés na publicidade en España modificando algunha das preguntas da feita no 2018. Fixemos un grande cambio: esta vez a entregamos para cubri ANTES de dar a Unidade Didáctica sobre o tema, para analizar as súas reaccións sen influencias alleas. Pronto colgaremos os resultados!

MERCA COS NOSOS COMMERCIALS 2021

Imagen
Hai algúns anos levamos a cabo na Sección Bilingüe de EPVA un proxecto sobre a presenza de anglicismos na linguaxe publicitaria en España: "MERCA COS NOSOS COMMERCIALS". A verdade é que o pasamos moi ben e aprendimos moitísimas cousas e, aínda por riba, gañamos o concurso GALICONS que convocara o Instituto Galego de Consumo. Este curso quixemos retomar a idea e actualizala un pouco con novos anuncios, aproveitando que é a 1ª vez que nos concederon un auxiliar de conversa que nos vai a introducir no eido da publicidade nos Estados Unidos. Pronto publicaremos novas entradas sobre este tema!!!

INTRODUCING OUR SCHOOL

Imagen
Publicamos unha entrada no blog da RADIO RAPEIRA sobre a nosa grabación dun podcast en Inglés para presentar o noso centro en Europa no noso afán por internacionalizalo! Premede AQUÍ para escoitalo!

Revista colaborativa (Flipsnack) "Traditional Costumes"

Imagen
Os alumnos da Sección Bilingüe de Plástica de 3º da ESO aportaron o seu traballo, feito coas profesoras Sara e Susana, sobre os traxes tradicionais galegos.  Isto forma parte dunha revista colaborativa creada para o proxecto etwinning "The Guardians of the Local Heritage" na que os países participantes presentan os seus traxes tradicionais. Preme aquí para ver a revista

TRADITIONAL COSTUMES

Imagen
  Os alumnos de 3º da Sección Bilingüe de Plástica fixeron un gran traballo coloreando cada prenda do traxe rexional galego masculino e feminino. Despois traduxeron a pequena explicación de cada unha ao Inglés e completaron a parte da revista colaborativa do proxecto eTwinning: Guardians of the local heritage.