Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Xunta

RELATORIO NO PLAN PROXECTA SOBRE PATRIMONIO

Imagen
  Aceptamos a solicitude por parte da Xunta de facer un relatorio no plan de formación do curso do CAFI "Patrimonio cultural europeo en colaboración a través do programa eTwinning" que forma parte do Plan Proxecta deste curso 2021/22. Na ponencia contaremos a nosa experiencia co proxecto "Europe is the Way" que obtivo o Selo de Calidade Nacional e o Europeo o curso pasado e que levamos a cabo na 1ª edición deste mesmo curso. Aquí estamos na reunión virtual para sincronizar a charla, pois quixemos participar os catro! Pronto contaremos cómo resultou todo...

Virtual Books no blog da Xunta

Imagen
 

BLOG "EDUCACIÓN PATRIMONIAL"

Imagen
Comezamos a colaborar co blog EDUCACIÓN PATRIMONIAL da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Neste blog, todos os centros participantes no Plan Proxecta "Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinnig" imos publicando novas, avances dos proxectos e impresións. Arriba á esquerda podedes atopar a ligazón á etiqueta "CPI Domingo Fontán" do blog de Educación patrimonial para que botedes unha ollada ao noso proxecto e a todos os demais! 

2ª sesión das Xornadas de Internacionalización

Imagen
Esta mañán de sábado estamos a afondar nos proxectos Erasmus+ e intentar abarcar todas as súas incribles posibilidades! Temos o noso proxecto Erasmus+ KA1 activo, pero bastante parado por mor do cese de mobilidades... mentres estamos a aprender máis sobre o tema.