Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

FROM PORTAS TO BUDAPEST (ERASMUS+)

Imagen
Dentro do noso programa Erasmus+ KA1 vimos de facer a nosa terceira mobilidade que consistiu nunha observación de boas prácticas "jobshadowing" no instituto Keruleti Budai Nagy Antal Gimnazium en Budapest. A experiencia foi moi enriquecedora, tivemos oportunidade de valorar a importancia que se lle da a ensinanza de linguas estranxeiras, especialmente o inglés , pero tamén o español ( e incluso participamos como falantes nativos en ditas clases).Así mesmo poidemos facer unha comparación entre os sistemas educativos húngaro e español. A acollida por parte dos nosos compañeiros húngaros foi moi boa, e esperamos poder colaborar en máis proxectos nun futuro cercano.

MOBILIDADE KA1 ERASMUS+ NO DIARIO DE AROUSA

Imagen
  O Diario de Arousa ven de publicar un artigo no que destaca o noso esforzo constante na procura da internacionalización do CPI Domingo Fontán. Dende o Equipo de Programas Europeos lles agradecemos moito o seu labor de difusión! Premede neste LINK para ver o artigo completo.

CURSO "APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS"

Imagen
Carlos Castro e Susana Sabarís, do Equipo de Programas Europeos do CPI participaron coma relatores no curso de formación "Aprendizaxe baseada en proxectos a través de eTwinning" organizado polo CFR de Lugo. Na xuntanza virtual presentaron os nosos proxectos europeos (ERASMUS+ eTwinning) facendo fincapé no proxecto "Europe is the Way", gañador de Selos de Calidade Nacionais e Europeos. Aquí tendes algunhas capturas de pantalla da xuntanza virtual. A verdade é que foi unha experiencia marabillosa e a docencia gustou moito e foi de utilidade polo que reflicte a altísima valoración nas enquisas!