Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ERASMUS

ERASMUS GOOD PRACTICE

Imagen
  Vimos de ser sinalados co selo de BOAS PRÁCTICAS  na plataforma de resultados ERASMUS+ polo noso proxecto de mobilidade KA1 "Cara a unha escola inclusiva motivadora e aberta a Europa!" Ademais sinalan algúns dos nosos titoriais como de interese para todos os usuarios europeos, especialmente a guía para solicitar ser Escola UNESCO.

JOBSHADOWING

Imagen
  Vimos de recibir a visita da profesora Jenka Vrsecka da República Checa para a realización dunha visita de boas prácticas no noso centro. WELCOME JENKA!!!

FINAL DO PFPP 2022/23

Imagen
 

DAY OF EUROPEAN AUTHORS

Imagen
La Comisión Europea ha organizado, este 27 de Marzo, el Día de los Autores Europeos, para promover la lectura entre los jóvenes y dar a conocer la riqueza cultural y lingüística europea.  Numerosos centros de enseñanza secundaria de todos los estados miembros de la UE compartimos un momento de lectura en voz alta de un libro de libre elección. En nuestro cole participaron profes, alumnos, personal no docente, madres... Toda esta iniciativa se compartió en las redes sociales con la etiqueta #ReadWithEurope

ERASMUS na Radio Rapeira

Imagen
As nosas colegas do Istituto Comprensivo Gassino Torinese de Turín (Italia) visitaron a nosa emisora de radio e grabaron un podcast cun interesante coloquio sobre ERASMUS+. Para máis información visitade o noso blog RADIO RAPEIRA neste link.

GRAN EVENTO FINAL ERASMUS+

Imagen
Aproveitamos a visita das nosas compañeiras do Istituto Comprensivo Gassino Torinese de Turín (Italia) para realizar o peche do noso proxecto de mobilidade ERASMUS+ KA1. No salón de actos da Azucareira de portas, coa presenza dos alumnos e do alcalde do concello que fixo entrega duns agasallos aos primeiros visitantes europeos do noso CPI! Neste acto, ademais, presentamos un resumo das nosas mobilidades a Madeira, Dublín, Budapest, Paraga e Turín... MOITAS GRAZAS A TODOS!!!

DIFUSIÓN ERASMUS+

Imagen
Hemos utilizado parte del presupuesto ERASMUS+ para apoyo organizativo para elaborar algunos productos de diseño que nos ayuden a difundir nuestro proyecto "Hacia una Escuela Inclusiva, Motivadora y Abierta a Europa". Además, pronto podréis recoger chapas, pegatinas y marcapáginas en nuestra biblio!

EUROPEAN PROJECTS CORNER

Imagen
Acabamos de estrenar nuestro nuevo rincón europeo en la entrada del cole! Gracias a los fondos europeos de nuestro proyecto Erasmus+, hemos podido colocar unos paneles expositivos móviles y una estantería giratoria llena de libros sobre Europa. Incluidos nuestros libros colaborativos de los proyectos eTwinning. ECHADLE UN VISTAZO!!!

CHRISTMAS CARD EXCHANGE 2022

Hemos realizado un intercambio de postales de Navidad con colegios de Rumanía, Italia y Portugal! Para más informsción, visitad el blog de la Biblioteca en este LINK

FROM PORTAS TO TURÍN

Imagen
Na nosa quinta e última mobilidade viaxamos ( tres de nós ) a Turín , para facer jobshadowing no Istituto Comprensivo Gassino Torinese, onde estivemos do 12 ó 16 de decembro asistindo a clases de distintas materias e etapas educativas (é un centro coma o noso con educación infantil, primaria e secundaria ). Tamén tivemos ocasión de participar en un seminario de robótica e ver como traballaban as nenas nun taller de diseño dixital de xoias orientado , exclusivamente, a rapazas co fin de promover a ensinanza STEM entre elas. Unha das cousas máis salientables para nós, foi a atención a alumnos con discapacidades intelectuais, xa que cada un deles dispoñía dun profesor ó seu carón na aula, axudándolle en todo o que precisase. Tratouse de unha experiencia moi enriquecedora, na que tamén nós tivemos ocasión de presentar o noso centro e sistema educativo, xa que participamos nun evento Erasmus ó que asistiron docentes, alumnos, familias e autoridades ( incluído o alcalde ). A relación cos n...

Mobilidade KA1 Erasmus + no Faro de Vigo

Imagen
O Faro de Vigo ven de publicar un artigo difundindo a nosa labor para internacionalizar o noso centro. Agradecémolles enormemente o seu interese e para que a noticia chegue a máis público o compartimos no noso Instagram

FROM PORTAS TO PRAGA

Imagen
e A nosa quinta mobilidade dentro do Erasmus+ foi un curso en Praga. O curso "Early School leaving" foi impartido ITC e resultou realmente interesante e proveitoso. Aprendimos estratexias de inclusión e de motivación para implementar nas nosas clases e así tentar evitar o abandono escolar dos nosos estudiantes . Tamén adquirimos coñecementos para axudar a integración de aqueles nenos e nenas que así o precisen. Por outra banda coñecimos profesoras de outros países ( Rumanía, Portugal, Italia ) cas que intercambiamos opinións sobre a nosa labor docente e os nosos sistemas educativos. Aproveitamos tamén para propoñerlles un intercambio de postais de Nadal o cal aceptaron de bo grao.

FROM PORTAS TO BUDAPEST (ERASMUS+)

Imagen
Dentro do noso programa Erasmus+ KA1 vimos de facer a nosa terceira mobilidade que consistiu nunha observación de boas prácticas "jobshadowing" no instituto Keruleti Budai Nagy Antal Gimnazium en Budapest. A experiencia foi moi enriquecedora, tivemos oportunidade de valorar a importancia que se lle da a ensinanza de linguas estranxeiras, especialmente o inglés , pero tamén o español ( e incluso participamos como falantes nativos en ditas clases).Así mesmo poidemos facer unha comparación entre os sistemas educativos húngaro e español. A acollida por parte dos nosos compañeiros húngaros foi moi boa, e esperamos poder colaborar en máis proxectos nun futuro cercano.

MOBILIDADE KA1 ERASMUS+ NO DIARIO DE AROUSA

Imagen
  O Diario de Arousa ven de publicar un artigo no que destaca o noso esforzo constante na procura da internacionalización do CPI Domingo Fontán. Dende o Equipo de Programas Europeos lles agradecemos moito o seu labor de difusión! Premede neste LINK para ver o artigo completo.

CURSO "APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS"

Imagen
Carlos Castro e Susana Sabarís, do Equipo de Programas Europeos do CPI participaron coma relatores no curso de formación "Aprendizaxe baseada en proxectos a través de eTwinning" organizado polo CFR de Lugo. Na xuntanza virtual presentaron os nosos proxectos europeos (ERASMUS+ eTwinning) facendo fincapé no proxecto "Europe is the Way", gañador de Selos de Calidade Nacionais e Europeos. Aquí tendes algunhas capturas de pantalla da xuntanza virtual. A verdade é que foi unha experiencia marabillosa e a docencia gustou moito e foi de utilidade polo que reflicte a altísima valoración nas enquisas!

PFPP SOBRE PROGRAMAS EUROPEOS

Imagen
  Un curso máis organizamos unha actividade específica sobre programas europeos no noso Plan de Formación do Profesorado. Este ano centrarémonos en explicar as mobilidades Erasmus+ do noso proxecto KA1 e a iniciar aos mestres de primaria no manexo da plataforma eTwinning. Esperemos que lles guste tanto coma a nós!!!

FROM PORTAS TO DUBLÍN (ERASMUS+)

Imagen
      En xuño do 2022, a finais de curso, continuamos coa nosa experiencia Erasmus e realizamos a segunda mobilidade. Neste caso foi en Dublín, e realizamos un curso na "Europass Teacher Academy", para coñecer estratexias e actividades nas que o alumnado é o centro do proceso de ensino-aprendizaxe, para mellorar a calidade do ensino e achegarnos máis ao noso obxectivo de reducir e eliminar a taxa de abandono escolar no noso centro. Xa no curso 2022-2023 comezaremos a aplicar o novo aprendido!!

FROM PORTAS TO FUNCHAL (ERASMUS+)

Imagen
  Dentro do noso proxecto Erasmus+ realizamos a nosa primeira mobilidade para "Observación de Boas Prácticas" a Funchal, en Madeira Portugal. A verdade é que tivemos moitísima sorte de seren recibidos polo marabilloso grupo de profesores do Jaime Moniz no que nos sentimos verdadeiramente como en casa. Ademais, ensináronnos moitos dos seus excelentes proxectos e os pasos necesarios para conseguiren ser Escola Unesco. Pola nosa parte, aprovetamos para presentar o noso cole por Europa e, como non podería ser doutro xeito, explicar a figura de Domingo Fontán, do que levamos o nome. Para máis información premede no seguinte LINK: From Portas to Funchal

MEETING WITH TEACHER TRAINING CENTER

Imagen
We met with the advisor of the teacher training center of the Xunta de Galicia to monitor our participation in European Programs.

PLACA ETWINNING

Imagen
Vimos de recibir unha nova placa para colocar no noso centro para conmemorar a obteción do selo de Calidade Eurpeo eTwinning do curso pasado.