FROM PORTAS TO TURÍN
Na nosa quinta e última mobilidade viaxamos ( tres de nós ) a Turín , para facer jobshadowing no Istituto Comprensivo Gassino Torinese, onde estivemos do 12 ó 16 de decembro asistindo a clases de distintas materias e etapas educativas (é un centro coma o noso con educación infantil, primaria e secundaria ). Tamén tivemos ocasión de participar en un seminario de robótica e ver como traballaban as nenas nun taller de diseño dixital de xoias orientado , exclusivamente, a rapazas co fin de promover a ensinanza STEM entre elas.
Unha das cousas máis salientables para nós, foi a atención a alumnos con discapacidades intelectuais, xa que cada un deles dispoñía dun profesor ó seu carón na aula, axudándolle en todo o que precisase.
Tratouse de unha experiencia moi enriquecedora, na que tamén nós tivemos ocasión de presentar o noso centro e sistema educativo, xa que participamos nun evento Erasmus ó que asistiron docentes, alumnos, familias e autoridades ( incluído o alcalde ).
A relación cos nosos colegas italianos foi moi cordial, tanto é así, que imos acollelos no noso centro o vindeiro mes de marzo.
Comentarios
Publicar un comentario