Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como SEPIE

ERASMUS GOOD PRACTICE

Imagen
  Vimos de ser sinalados co selo de BOAS PRÁCTICAS  na plataforma de resultados ERASMUS+ polo noso proxecto de mobilidade KA1 "Cara a unha escola inclusiva motivadora e aberta a Europa!" Ademais sinalan algúns dos nosos titoriais como de interese para todos os usuarios europeos, especialmente a guía para solicitar ser Escola UNESCO.

ERASMUS na Radio Rapeira

Imagen
As nosas colegas do Istituto Comprensivo Gassino Torinese de Turín (Italia) visitaron a nosa emisora de radio e grabaron un podcast cun interesante coloquio sobre ERASMUS+. Para máis información visitade o noso blog RADIO RAPEIRA neste link.

FROM PORTAS TO TURÍN

Imagen
Na nosa quinta e última mobilidade viaxamos ( tres de nós ) a Turín , para facer jobshadowing no Istituto Comprensivo Gassino Torinese, onde estivemos do 12 ó 16 de decembro asistindo a clases de distintas materias e etapas educativas (é un centro coma o noso con educación infantil, primaria e secundaria ). Tamén tivemos ocasión de participar en un seminario de robótica e ver como traballaban as nenas nun taller de diseño dixital de xoias orientado , exclusivamente, a rapazas co fin de promover a ensinanza STEM entre elas. Unha das cousas máis salientables para nós, foi a atención a alumnos con discapacidades intelectuais, xa que cada un deles dispoñía dun profesor ó seu carón na aula, axudándolle en todo o que precisase. Tratouse de unha experiencia moi enriquecedora, na que tamén nós tivemos ocasión de presentar o noso centro e sistema educativo, xa que participamos nun evento Erasmus ó que asistiron docentes, alumnos, familias e autoridades ( incluído o alcalde ). A relación cos n...

FROM PORTAS TO PRAGA

Imagen
e A nosa quinta mobilidade dentro do Erasmus+ foi un curso en Praga. O curso "Early School leaving" foi impartido ITC e resultou realmente interesante e proveitoso. Aprendimos estratexias de inclusión e de motivación para implementar nas nosas clases e así tentar evitar o abandono escolar dos nosos estudiantes . Tamén adquirimos coñecementos para axudar a integración de aqueles nenos e nenas que así o precisen. Por outra banda coñecimos profesoras de outros países ( Rumanía, Portugal, Italia ) cas que intercambiamos opinións sobre a nosa labor docente e os nosos sistemas educativos. Aproveitamos tamén para propoñerlles un intercambio de postais de Nadal o cal aceptaron de bo grao.

FROM PORTAS TO BUDAPEST (ERASMUS+)

Imagen
Dentro do noso programa Erasmus+ KA1 vimos de facer a nosa terceira mobilidade que consistiu nunha observación de boas prácticas "jobshadowing" no instituto Keruleti Budai Nagy Antal Gimnazium en Budapest. A experiencia foi moi enriquecedora, tivemos oportunidade de valorar a importancia que se lle da a ensinanza de linguas estranxeiras, especialmente o inglés , pero tamén o español ( e incluso participamos como falantes nativos en ditas clases).Así mesmo poidemos facer unha comparación entre os sistemas educativos húngaro e español. A acollida por parte dos nosos compañeiros húngaros foi moi boa, e esperamos poder colaborar en máis proxectos nun futuro cercano.

FROM PORTAS TO DUBLÍN (ERASMUS+)

Imagen
      En xuño do 2022, a finais de curso, continuamos coa nosa experiencia Erasmus e realizamos a segunda mobilidade. Neste caso foi en Dublín, e realizamos un curso na "Europass Teacher Academy", para coñecer estratexias e actividades nas que o alumnado é o centro do proceso de ensino-aprendizaxe, para mellorar a calidade do ensino e achegarnos máis ao noso obxectivo de reducir e eliminar a taxa de abandono escolar no noso centro. Xa no curso 2022-2023 comezaremos a aplicar o novo aprendido!!

FROM PORTAS TO FUNCHAL (ERASMUS+)

Imagen
  Dentro do noso proxecto Erasmus+ realizamos a nosa primeira mobilidade para "Observación de Boas Prácticas" a Funchal, en Madeira Portugal. A verdade é que tivemos moitísima sorte de seren recibidos polo marabilloso grupo de profesores do Jaime Moniz no que nos sentimos verdadeiramente como en casa. Ademais, ensináronnos moitos dos seus excelentes proxectos e os pasos necesarios para conseguiren ser Escola Unesco. Pola nosa parte, aprovetamos para presentar o noso cole por Europa e, como non podería ser doutro xeito, explicar a figura de Domingo Fontán, do que levamos o nome. Para máis información premede no seguinte LINK: From Portas to Funchal

Día de Europa no SEPIE

Imagen
O SEPIE @sepiegob (Servicio Español Para la Internacionalización de la Educación) celebra todo este mes de Maio o #DíaDeEuropa con actividades moi interesantes que queren avaliar canto coñecemos da Unión Europea e do Programa Erasmus+. Ademais sortea con cada participación material promocional do #ErasmusPlus ! Compartimos aquí o seu colorido GIF:

O noso ERASMUS+ no mapa do SEPIE

Imagen
O SEPIE publica na súa WEB o mapa dos proxectos ERASMUS+ que levan a cabo os centros educativos españois. Aquí aparece o noso proxectos KA1 "Hacia una Escuela Inclusiva, Motivadora y Abierta a Europa". O Covid-19 nos está impedindo que poidamos levalo a cabo... pero seguimos a facer socios por internet para recuperar o tempo perdido en canto poidamos!!!