Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Awards

ERASMUS GOOD PRACTICE

Imagen
  Vimos de ser sinalados co selo de BOAS PRÁCTICAS  na plataforma de resultados ERASMUS+ polo noso proxecto de mobilidade KA1 "Cara a unha escola inclusiva motivadora e aberta a Europa!" Ademais sinalan algúns dos nosos titoriais como de interese para todos os usuarios europeos, especialmente a guía para solicitar ser Escola UNESCO.

SELO ESCOLA ETWINNING

Imagen
Somos un dos 6 centros educativos de Galicia que recibiú o selo de Escola eTwinnig neste 2023!!! A verdade é que foi un traballo duro pero estamos moi satisfeitos por esta distinción. Moitas grazas!!! PREMEDE NESTES LINKS PARA SABER MÁIS: - Que é un centro eTwinning? - Escolas eTwinning (Xunta de Galicia)

EUROPEAN QUALITY LABEL

Imagen
  Tamén nos concederon o Selo de Calidade Europeo polo proxecto Europe is the Way!!! A verdade é que estamos moi contentos, sobre todo polo email que nos enviaron que nos da moitos azos para seguir nos Proxectos Europeos de eTwinning e de Erasmus+.

QUALITY LABEL

Imagen
O noso proxecto de eTwinning Europe is the Way acadou o selo de calidade!!! A verdade é que é unha gran ledicia ao ser o primeiro proxecto que coordinamos... moitas grazas ao Servizo Nacional, á Embaixada eTwinning de Galicia e aos noso marabillosos socios de Barletta e Beauvais.

Día do LiBRO 2021

Imagen
Aproveitando a celebración do Día do Libro, dende a Biblioteca Escolar demos a coñecer aos gañadores do noso centro nas catro categorías do concurso de logos: ART, BIOLOGY, MATHS & LITERATURE. Ademais dun vale para gastar nas librarías da contorna, os 4 primeiros premios verán o seu logo publicado no TwinSpace e participarán na votación cos seleccionados de Italia e de Francia.