Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Guardians

SLAVA UKRAINI!!!

Imagen
  Nas nosas webs, bogs e redes sociais, tentamos poñer un graniño de area para mandar ánimos a Ucraína, especialmente á nosa escola amiga de Horenychi (Kiev). No grupo de whatsapp do proxecto eTwinning "The Guardians of te Local Heritage" seguimos a recibir as tristes reflexións dos alumnos desta escola que están a sufrir a guerra na súa propia pel!

OUTRO SELO DE CALIDADE!

Imagen
  Vimos de recibir o Selo de Calidade Nacional polo noso proxecto "The Guardians of the Local Heritage"! Os alumnos de 3º ESO traballaron a reo colaborando con escolas de Ucrania, Polonia, Serbia, Eslovaquia...

muRal sobre paTriMonio LocaL

Imagen
  "Pintando Portas" é o título deste mural sobre patrimonio local que estamos a pintar nunha das fachadas do colexio... Toda a ESO está a poñer o seu graniño de area!

EXPOSICIÓN FINAL (final exhibition)

Imagen
Este curso non fixemos exposicións físicas nin xornadas de portas abertas por mor da situación sanitaria pola Covid. Porén, para rematar o curso, colocamos este taboleiro cun resumo dos nosos proxectos europeos que ficará no corredor do centro para aqueles que veñan facer a matrícula. Esperamos que vos guste!!!

The Legends of the Guardians

Xa está rematado o libro dixital coas aportacións de todos os socios. Cada centro educativo elixiu un personaxe destacado da súa contorna. Nós, como non podería doutro xeito, eliximos a Domingo Fontán, de quen levamos o nome! Deixamos aquí a ligazón ao libro : THE LENGENDS OF GUARDIANS

CORRESPONDENCIA INTERNACIONAL

Imagen
Recibimos unhas fermosísimas cartas de centros de toda Europa que participan connosco no proxecto eTwinning Guardians of the Local Heritage. Foi unha sorpresa realmente agradable e non tardamos moito en contestalas!

Padlet: Important Historical Places around me

Imagen
Bota unha ollada ao taboleiro colaborativo sobre lugares de interés que estamos a facer no proxecto eTwinning: Guardians of the Local Heritage premendo neste LINK .

the GUARDIANS of the LOCAL HERITAGE: Final Task

Imagen
  Coma derradeira tarefa do proxecto de "Guardiáns do Patrimonio Local" colaboramus nun taboleiro virtual para facer unhas breves reseñas dos lugares máis importantes da nosa contorna. Falamos de Portas, coas súas igrexas románicas e cruceiros, o legado de Domingo Fontán e a fermosísima Azucareira. Tamén fixemos mención a Caldas de Reis: coas súas termas, ponte romano, cascada... E, por suposto, á etapa final do Camiño: Santiago de Compostela. É un paso máis na nosa firme intención de Abrir Portas a Europa! 1ª foto: Félix, Andrea e David buscando información das etapas. 3ª foto: os chulísimos logos foron deseñados por Roi Pérez e Katy Rebón.

REUNIÓNS EN LIÑA

Imagen
Este curso os nosos alumnos da ESO puideron poñer en práctica os seus coñecementos en Inglés interactuando con outros estudantes de toda Europa grazas á nosa participación na plataforma eTwinning. Algunhas das ocasións foron reunións en liña para coñecerese mellor e/ou organizar algunhas das actividades dos proxectos. Noutras, foron videoconferencias con algún tema interesante: costumes, Covid, comidas...

CHAPAS

Imagen
Recibimos as chapas do proxecto eTwinning "The Guardians of the Local Heritage". Levan a insignia do logotipo gañador do concurso e o lema do proxecto!

GUARDIANS: products & materials

Imagen
  As nosas páxinas do proxecto eTwinning Guardians of the Local Heritage comezan a tomar forma! (Our project pages are starting to take shape!)

Revista colaborativa (Flipsnack) "Traditional Costumes"

Imagen
Os alumnos da Sección Bilingüe de Plástica de 3º da ESO aportaron o seu traballo, feito coas profesoras Sara e Susana, sobre os traxes tradicionais galegos.  Isto forma parte dunha revista colaborativa creada para o proxecto etwinning "The Guardians of the Local Heritage" na que os países participantes presentan os seus traxes tradicionais. Preme aquí para ver a revista

TRADITIONAL COSTUMES

Imagen
  Os alumnos de 3º da Sección Bilingüe de Plástica fixeron un gran traballo coloreando cada prenda do traxe rexional galego masculino e feminino. Despois traduxeron a pequena explicación de cada unha ao Inglés e completaron a parte da revista colaborativa do proxecto eTwinning: Guardians of the local heritage.

Story jumper colaborativo

Imagen
Como parte do proxecto etwinning "The Guardians of the Local Heritage" creamos un libro colaborativo no que os estudiantes de cada país membro do proxecto aportaron información sobre a celebración do Nadal na súa contorna. Clica aquí para ver o libro

the GUARDIANS of LOCAL HERITAGE: first meeting!!!

Imagen
  Estamos a participar nun proxecto eTwinning moi interesante que intenta promover a posta en valor e a protección do patrimonio da contorna. Colaboramos con centros de toda Europa e xa comezamos a facer as nosas primeiras videoconferencias! Polo de agora xa fixemos o deseño do logo e estudamos os traxes rexionais de cada país e os diferentes costumes de Nadal. Pronto, con toda esta información, faremos un libro virtual e unha revista colaborativa. A verdade é que está a resultar abraiante este intercambio de coñecementos e ideas!!!

the GUARDIANS of the LOCAL HERITAGE (proxecto eTwinning)

Imagen
This course we are part of an etwinning project on local heritage coordinated by an educational center in Poland and in which schools from Ukraine, Italy, France, the Czech Republic also collaborate. Pronto publicaremos novas interesantes!!!