O 17 e 18 de Novembro a profesora Susana Simó acudiu a Madrid a representar ao noso centro no encontro anual de escolas galardonadas co selo eTwinning. A verdade é que foi un gran honor recibir este recoñecemento e poñer as nosas ideas en común con outras escolas que tamén teñen unha grande presencia nesta plataforma de intercambio e traballo colaborativo entre escolas de todo o continente. Grazas por darnos esta oportunidade para seguires aprendendo e planificando proxectos!
Our Christmas card exchange project this year was carried out with the following schools: Gymnázium Sokolov (Czech Republic), Istituto Comprensivo Gassino Torinese (Italy) and Agrupamento de Escolas de Benavente (Portugal). The project has been very interesting and enriching, since it has allowed us to improve our creative and linguistic skills. Thank you so much to all the participants!
Dentro do noso programa Erasmus+ KA1 vimos de facer a nosa terceira mobilidade que consistiu nunha observación de boas prácticas "jobshadowing" no instituto Keruleti Budai Nagy Antal Gimnazium en Budapest. A experiencia foi moi enriquecedora, tivemos oportunidade de valorar a importancia que se lle da a ensinanza de linguas estranxeiras, especialmente o inglés , pero tamén o español ( e incluso participamos como falantes nativos en ditas clases).Así mesmo poidemos facer unha comparación entre os sistemas educativos húngaro e español. A acollida por parte dos nosos compañeiros húngaros foi moi boa, e esperamos poder colaborar en máis proxectos nun futuro cercano.
Comentarios
Publicar un comentario