FROM PORTAS TO PRAGA
e
A nosa quinta mobilidade dentro do Erasmus+ foi un curso en Praga. O curso "Early School leaving" foi impartido ITC e resultou realmente interesante e proveitoso.
Aprendimos estratexias de inclusión e de motivación para implementar nas nosas clases e así tentar evitar o abandono escolar dos nosos estudiantes . Tamén adquirimos coñecementos para axudar a integración de aqueles nenos e nenas que así o precisen.
Por outra banda coñecimos profesoras de outros países ( Rumanía, Portugal, Italia ) cas que intercambiamos opinións sobre a nosa labor docente e os nosos sistemas educativos. Aproveitamos tamén para propoñerlles un intercambio de postais de Nadal o cal aceptaron de bo grao.
Comentarios
Publicar un comentario