RELATORIO NO PLAN PROXECTA SOBRE PATRIMONIO
Aceptamos a solicitude por parte da Xunta de facer un relatorio no plan de formación do curso do CAFI "Patrimonio cultural europeo en colaboración a través do programa eTwinning" que forma parte do Plan Proxecta deste curso 2021/22.
Na ponencia contaremos a nosa experiencia co proxecto "Europe is the Way" que obtivo o Selo de Calidade Nacional e o Europeo o curso pasado e que levamos a cabo na 1ª edición deste mesmo curso.
Aquí estamos na reunión virtual para sincronizar a charla, pois quixemos participar os catro!
Pronto contaremos cómo resultou todo...
Comentarios
Publicar un comentario