Análise dos resultados da ENQUISA
Fixemos unha enquisa sobre o tema do Inglés na Publicidade en España aos nosos alumnos da Sección Bilingüe deste curso, con preguntas similares ás feitas no curso 2017/18.
Algúns dos resultados foron similares: os eidos onde é maior a presenza do Inglés (roupa e automóbiles) ou os motivos polo que o empregan nos anuncios (ser máis orixinales e modernos).
Porén, creceu bastante o número dos que creen que é porque non existe a mesma palabra no noso idioma e creceu moitísimo os que non creen que exista unha invasión do Inglés. En só 3 anos non cremos que esto se deba a un cambio de opinión/tendencia senón máis ben a que non son moi conscientes: lembramos que esta vez a entregamos para cubrir ANTES de dar a unidade didáctica sobre o tema.
Tamén aumentou o número dos que afirman que entenden bastante estes anuncios, confiamos en que a esto axudara un poco esta Sección Bilingüe :)
O que sí que mudou totalmente neste 3 anos foi a linguaxe adolescente, pois as palabras en Inglés que eran comúns entón xa son descoñecidas agora (só contestaron coñecer as novas que incluímos esta vez).
Comentarios
Publicar un comentario