Comezamos a movernos pola plataforma Twitter, na que aínda somos novatos!
Decidimos seguir a varias institucións que nos axudan a estar ao día dos programas europeos: @sepiegob, @EUErasmusPlus, @eTwinningEurope, @eTwinning_es...
O Equipo de Programas Europeos realizou unha ponencia sobre eTwinning organizada polo CFR. De xeito virtual, presentamos a nosa traxectoria nesta plataforma para animar a outros profesores a participar!
Publicamos unha entrada no blog da RADIO RAPEIRA sobre a nosa grabación dun podcast en Inglés para presentar o noso centro en Europa no noso afán por internacionalizalo! Premede AQUÍ para escoitalo!
Comentarios
Publicar un comentario