Dentro do noso programa Erasmus+ KA1 vimos de facer a nosa terceira mobilidade que consistiu nunha observación de boas prácticas "jobshadowing" no instituto Keruleti Budai Nagy Antal Gimnazium en Budapest. A experiencia foi moi enriquecedora, tivemos oportunidade de valorar a importancia que se lle da a ensinanza de linguas estranxeiras, especialmente o inglés , pero tamén o español ( e incluso participamos como falantes nativos en ditas clases).Así mesmo poidemos facer unha comparación entre os sistemas educativos húngaro e español. A acollida por parte dos nosos compañeiros húngaros foi moi boa, e esperamos poder colaborar en máis proxectos nun futuro cercano.
Sexamos conscientes ou non, a linguaxe publicitaria que nos chega a diario está ateigada de termos ingleses, quizais porque foi en EEUU onde naceu e medrou este sector ou porque a cultura anglosaxona inflúe enormemente nos nosos hábitos a través da música, do cine, dos famosos ou dos videoxogos, que exportan a todo o mundo o seu estilo de vida e costumes. Que son os anglicismos? Os anglicismos son empréstitos lingüísticos do Inglés a outro idioma, no noso caso o Galego e que, nestes últimos tempos, foron facéndose un oco no noso vocabulario habitual. Algúns son necesarios, xa que existen conceptos, ideas, produtos ou obxectos que non teñen equivalente na lingua de destino. Porén moitas veces, aínda que exista o termo en Galego, tendemos a empregar o anglicismo antes que o seu equivalente, ou sexa, recurrimos excesivamente aos extranxeirismos, especialmente nalgúns sectores concretos como o marketing, a publicidade ou a moda, ata o punto que se está a falar dunha “invasión” do Ingl...
Coma derradeira tarefa do proxecto de "Guardiáns do Patrimonio Local" colaboramus nun taboleiro virtual para facer unhas breves reseñas dos lugares máis importantes da nosa contorna. Falamos de Portas, coas súas igrexas románicas e cruceiros, o legado de Domingo Fontán e a fermosísima Azucareira. Tamén fixemos mención a Caldas de Reis: coas súas termas, ponte romano, cascada... E, por suposto, á etapa final do Camiño: Santiago de Compostela. É un paso máis na nosa firme intención de Abrir Portas a Europa! 1ª foto: Félix, Andrea e David buscando información das etapas. 3ª foto: os chulísimos logos foron deseñados por Roi Pérez e Katy Rebón.
Comentarios
Publicar un comentario