Os alumnos de 4º da ESO, que os curso pasado fixeron un proxecto eTwinning coa Horenychi Secondary School de Kyiv, fixeron este video para enviarlles o seu apoio!
Vimos de recibir a visita da profesora Jenka Vrsecka da República Checa para a realización dunha visita de boas prácticas no noso centro. WELCOME JENKA!!!
Dentro do noso proxecto Erasmus+ realizamos a nosa primeira mobilidade para "Observación de Boas Prácticas" a Funchal, en Madeira Portugal. A verdade é que tivemos moitísima sorte de seren recibidos polo marabilloso grupo de profesores do Jaime Moniz no que nos sentimos verdadeiramente como en casa. Ademais, ensináronnos moitos dos seus excelentes proxectos e os pasos necesarios para conseguiren ser Escola Unesco. Pola nosa parte, aprovetamos para presentar o noso cole por Europa e, como non podería ser doutro xeito, explicar a figura de Domingo Fontán, do que levamos o nome. Para máis información premede no seguinte LINK: From Portas to Funchal
Comentarios
Publicar un comentario